Conversa:Área Metropolitana de Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A área metropolitana de Vigo non existe, polo tanto os concellos que se dán como pertencentes a esta poden variar respecto da futura área. Non sei que haberá que facer co artigo, mais de momento é achega información dunha cousa inexistente, e na que hai diferencias entre distintos políticos [1]. AlberteSi, digame? 14:21, 5 abril 2008 (UTC)

  • Ademais segundo o artigo a área metropolitana de Vigo defínese segundo o proxecto Audes5, que é un proxecto español privado, que non ten validez legal nin oficial [2] e máis aínda cando é o poder galego o que pode implementar as áreas metropolitanas galegas e non vexo desde ningún punto de vista porque temos que dar os datos dun proxecto non galego e privado para unha área metropolitana galega. Propoño o borrado.--Arco de Rayne 15:10, 5 abril 2008 (UTC)
  • Nesta páxina aparecen os colaboradores de Audes5:[3], francamente non lles vexo os requisitos mínimos para que eles definan áreas metropolitanas.--Arco de Rayne 15:13, 5 abril 2008 (UTC)
    • Será por leva-la contraria, pero o concepto "área metropolitana de Vigo" existe, queiramos ou non. Vexo que non están definidos límites nin concellos e non sei se noutras "áreas metropolitanas" hai esa definición oficial ou admitida. Eu sería partidario de mante-la páxina, reflictindo esa situación provisional e indefinida porque, insisto, é unha realidade socio-económica-política e supoño que ten entidade de abondo. Concordo con puntualiza-la información no sentido de non dar por feito as afirmacións dos editores pero mesmo a referencia que nos dá Alberte recolle que existe e que se discute se abarca 14, 18 ou 28 concellos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:47, 5 abril 2008 (UTC)

Nova edición[editar a fonte]

Malia ser consciente de que este artigo foi eliminado, creo que é un artigo que ten cabida nesta enciclopedia, por ser un organismo a piques de constituírse, con base legal xa aprobada, e de execución inminente. Do xeito en que está redactado non creo que haxa problema en mantelo. Saúdos.--ArtaiGZ (conversa) 5 de abril de 2016 ás 14:28 (UTC)[responder]

Vilacova e Uma[editar a fonte]

No mapa da Área Metroplitana faltan dúas parroquias (Vilacova e Uma) de Salvaterra de Miño que non se atopan unidas ó resto do concello. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 4 de agosto de 2016 ás 14:53 (UTC)Regato das Tres Regueiras[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Área Metropolitana de Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de novembro de 2018 ás 01:53 (UTC)[responder]