Convención de Aarhus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Convención de Acceso á información, participación pública na toma de decisións e acceso a xustiza en temas ambientais da Comisión Económica das Nacións Unidas para Europa, máis coñecida como a Convención de Aarhus, asinouse o 25 de xuño de 1998 nesa cidade danesa e entrou en vigor o 30 de outubro de 2001. En 2018 fora asinada por 48 países e pola Unión Europea. Os países ratificantes comprometéronse a garantir os dereitos públicos de información e participación xudicial en todo aquilo que verse sobre das decisións gobernamentais e calquera outra iniciativa que trate sobre da explotación dos recursos naturais e da conservación ambiental, ben sexan cuestións locais, nacionais ou transfronteirizas. Busca garantir a conservación do ambiente para as presentes e futuras xeracións humanas e en condicións de saúde. O convenio enfócase na interacción entre a cidadanía e as autoridades públicas.