Saltar ao contido

Conurbación do Delta do Yangtzé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConurbación do Delta do Yangtzé
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Localización
Mapa
 32°10′33″N 119°25′51″L / 32.1759, 119.4307
EstadoRepública Popular da China
Municípios da República Popular da China (pt) TraducirShanghai Editar o valor en Wikidata

A conurbación do delta do Yangtzé é unha megalópole do centro leste da China que se está conformando na parte sur do delta do río Yangtzé, entre a súa desembocadura e o lago Tai, e con Shanghai como cidade máis grande e importante.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Cara ao oeste conúrbase coa área de Suzhou, antiga e bela cidade á beira do Gran Canal; despois aparece a área de Wuxi, industriosa cidade coñecida coloquialmente como "pequena Shanghai"; e finalmente, no extremo occidental da conurbación, sitúase a área de Changzhou, a máis pequena de todas.

O dinamismo da rexión nestes últimos anos ten sido enorme , tras da súa elección coma Zona Económica Especial, aberta o investimento foránea. A construción de todo tipo de grandes infraestruturas non cesa día a día e estanse propoñendo novos e xigantescos proxectos (pontes, portos, autoestradas e ferrocarrís) que farían posible, no medio prazo, a incorporación á megalópole das áreas metropolitanas veciñas ata Nanjing polo oeste e Hanzhou e Ningbo polo sur.

Megalópole de Shanghai:

  • AM Shanghai.....................................19 000 000
    • Shanghai shih.....16 800 000
  • municipalidade de Suzhou.....................3 900 000
  • municipalidade de Wuxi.........................3 700 000
  • municipalidade de Changzhou................3 500 000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]