Conservador-restaurador
Conservador-restaurador é o profesional titulado cunha formación que o capacita para desenvolver unha variedade de traballos de Conservación e restauración relacionados cos bens culturais.
Funcións
[editar | editar a fonte]As súas actividades non están reguladas no Reino de España.[Cómpre referencia] Consonte á definición recollida na Titulación de Conservación e Restauración de Bens Culturais, as actividades realizadas por este grupo de profesionais son as seguintes[1]:
- Análise e diagnose do estado de conservación dos bens culturais
- Definición, planificación e execución de estratexias, plans e tratamentos de conservación-restauración
- Redacción e dirección de proxectos de conservación-restauración
- Xestión de coleccións
- Supervisión da conservación preventiva
- Asesoría técnica e tarefas de investigación e docencia
A páxina web da Arcobéns define o conservador-restaurador como o profesional que leva a cabo aquelas accións encamiñadas a acadar a mellor conservación dos bens culturais, garantindo no posible a súa estabilidade e permanencia, mediante o exame, o diagnóstico, a intervención necesaria, a colocación de medidas de prevención, o estudo do seu comportamento e das condicións que o rodean, así como dos elementos e condicións para a súa mellor preservación[2].
Formación académica
[editar | editar a fonte]Para exercer a práctica da conservación é preciso ser titulado nunha escola superior de conservación e restauración ou nunha universidade que ofreza esta titulación. En 2009, en España, o Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais substituíu o antigo título superior, que era equivalente a unha diplomatura, pero esta equivalencia foi desbotada en 2012.[3]
Asociacións profesionais en España
[editar | editar a fonte]Debido á inexistencia dun colexio oficial de conservadores-restauradores, teñen aparecido en todo o estado diversas asociacións de profesionais, principalmente de ámbito local. Con carácter estatal fundouse a ACRE en 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Educación (5 de xuño de 2010). "Real Decreto 635/2010, de 14 de mayo, por el que se regula el contenido básico de las enseñanzas artísticas superiores de Grado en Conservación y Restauración de Bienes Culturales establecidas en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. (Lexislación consolidada)". Boletín Oficial del Estado (137). BOE-A-2010-8959.
- ↑ http://www.arcobens.com/web_arcobens.html[Ligazón morta permanente]
- ↑ Unha sentencia do Tribunal Supremo anulou a denominación de "Grao" para os estudos de "Conservación y Restauración de Bienes Culturales". Tribunal Supremo (21 de decembro de 2012). "Sentencia de 5 de junio de 2012, de la Sala Tercera del Tribunal Supremo, por la que se anulan los artículos 7.1, 8, 11, 12 y la Disposición Adicional Séptima del Real Decreto 1614/2009, de 26 de octubre (...)". Boletín Oficial del Estado (306): 86883. BOE-A-2012-15384.