Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é o órgano encargado do control e certificación das producións ecolóxicas en Galicia.[1]

Produtos a certificar[editar | editar a fonte]

CRAEGA está acreditado por ENAC Nº78/C-PR152 para certificar os seguintes produtos:

  1. Produtos agrarios vivos ou non transformados:
    1. Produtos vexetais sen transformar
    2. Animais vivos ou produtos animais sen transformar
    3. Produtos da acuicultura e algas* (non amparada pola acreditación ENAC)
  2. Produtos agrarios transformados dedicados á alimentación humana
  3. Produtos agrarios transformados dedicados a alimentación animal
  4. Material de reprodución vexetativa e sementes para o cultivo[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Quen somos?". Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Consultado o 20-20-2020.