Consejo de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Consejo de Aragón foi o órgano de goberno no Aragón republicano tras a sublevación do exército contra da República do 18 de xullo de 1936.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao quedar as capitais provincias baixo o control dos sublevados, Aragón quedou sen autoridades gobernamentais e a CNT formou nos concellos aragoneses colectividades libertarias baixo a cobertura da CNT, que celebrou en Bujaraloz unha asemblea para crear un órgano que coordinase a economía e o esforzo bélico, e ao que se lle deu o nome de Consejo de Aragón. Nun primeiro momento tivo a sede en Fraga, pero acabou movéndose a Caspe.

O Consejo de Aragón estaba presidido por Joaquín Ascaso e contaba coa oposición do PCE, dos partidos republicanos e da Generalitat de Cataluña e de parte da dirección central da CNT.
En decembro de 1936 o goberno español recoñeceuno e nomeou ao seu presidente Gobernador Xeral de Aragón, ao tempo que entraban representantes do PCE, Izquierda Republicana e UXT nel. Finalmente o 18 de agosto de 1937 o goberno republicano acabou disolvéndoo.