Consciência Humana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Consciência Humana
OrixeSão Paulo, SP, Flag of Brazil.svg Brasil
Período1990 - presente
Xénero(s)Rap
Selo(s) discográfico(s)D.R.R Produções Fonográficas, Fábrica de Monstros Produções Fonográficas, Porte Ilegal
MembrosPreto Aplick
W.G.I
DJ Luiz
Antigos membrosDJ Andermad - DJ Adriano - DJ Master Jay
Páxina webwww.conscienciahumana.com

Consciência Humana é un grupo de rap brasileiro, formado na cidade de São Paulo, máis especificamente en São Mateus, no ano 1990. É coñecido polas súas letras duras; os seus membros sufriron ameazas de morte por parte da policía e tiveron unha forte disputa cun antigo capitán da PM, Conte Lopes, actual deputado polo PPB.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo foi formado en 1990, na Zona Leste de São Paulo, polos integrantes Preto Aplick, W.G.I. e DJ Andermad (formadores do Grupo e da Posse DRR). En 1992, Andermad deixou o grupo e criou o Grupo Gang Selvagem, despois DJ Adriano foi convidado a participar en Consciência Humana. DJ Adriano ficou no grupo durante doce anos, entre 1992 e 2004, cando se foi e no seu lugar foi contratado DJ Master Jay, ex-integrante de Sistema Negro. No entanto, Master Jay quedou un ano máis e logo foi substituído polo DJ e produtor musical Luis.

En 1992, Consciência participou na colectánea Projeto Rap Brasil, cos temas "Navio Negreiro" e "Cidade Sem Lei", que comezaron a ser tocados na Rádio Metropolitana FM. O grupo publicou o seu primeiro disco en 1994, chamado Enxergue Seus Próprios Erros, onde foron presentadas cancións de éxito como "Tá na Hora" e "Sangue B".[2] Dous anos despois, CH montou o seu propio selo discográfico, chamado D.D.R Produções, onde, coa axuda de Porte Ilegal, lanzaron o single "Lei da Periferia".

No ano seguinte, co seu propio selo, publicouse o segundo álbum do grupo, titulado Entre a Adolescência e o Crime, con temas como "Lembranças", "Amigo de Infância" e "Viagem".[3] En 1999, foi gravado o primeiro videoclip, da peza "Entre a Adolescência e o Crime". No 2001 produciuse a unión dos grupos Consciência Humana, De Menos Crime e Unegro, que deu orixe a Homens Crânios, que lanzaron o álbum D.R.R Invandindo o Sistema.

No 2003, o grupo foi convidado polo selo Zâmbia Fonográfica para gravar o seu terceiro álbum, Agonia do Morro. Este contou coa participación de artistas como Beth Carvalho, Facção Central, De Menos Crime, Trilha Sonora do Gueto, entre outros.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Enxergue Seus Próprios Erros (1993)
  • Entre a Adolescência e o Crime (1997)
  • Agonia do Morro (2003)

Singles[editar | editar a fonte]

  • Lei da periferia (1996)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografia de Consciência Humana". www.lastfm.com.br. Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  2. "Marginalatino: Consciência Humana - Enchergue seus próprios erros". marginalatino.blogspot.com. Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  3. "Consciência Humana - Entre A Adolescência E O Crime (CD, Álbum) at Discogs". www.discogs.com. Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  4. "Consciência Humana – Agônia Do Morro". www.uouwww.com. Consultado o 9 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]