Conidióspora
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Conidio" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
En botánica denomínase conidióspora á espora de certos fungos formada por constrición do extremo dunha hifa especial, chamada conidióforo, formando así unha cadea de conidios que, chegando o momento, son liberados polo extremo da hifa.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo está formado pola unión das voces conidio e [e]spora.[1]
Formación e tipos
[editar | editar a fonte]As conidiósporas fórmanse en estruturas aéreas especializadas e complexas denominadas conidióforos. As conidiósporas son uninucleadas e todas as esporas que proveñen dunha mesma colonia (homocarióticas) comparten a mesma información xenética. Dependiendo do tipo de micelio no que se xeren as esporas, estas poden seren haploides (n) ou diploides (2n). As colonias xeradas a partir de conidios haploides manifiestan o fenotipo causado polas mutacións recesivas viábeis. Os conidios diploides permiten manter mutacións de perda de función en xenes esenciais ou identificar mutacións dominantes ou relacions de epistase entre diferentes loci.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 conidióspora no BioDic - Diccionario de Biología (en castelán).
- ↑ Markina-Iñarrairaegui, Ane (2011): Rutas de transporte núcleo-citoplásmicas en Aspergillus nidulans. CSIC. Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB). Universidad Complutense de Madrid.