Confederación Hidrográfica do Segura
A Confederación Hidrográfica do Segura (CHS) é o organismo de xestión, regulador e mantedor das augas, regos e accións das conca do río Segura e dos seus afluentes. Foi creada o 4 de decembro de 1927.[1]
Xeneralidades[editar | editar a fonte]
É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España. As funcións do devandito organismo están reguladas no artigo 25 do Real Decreto 927/1988, que aproba o Regulamento da Administración Pública da Auga e da Planificación Hidrolóxica.
Estas funcións son as seguintes:
- A elaboración do plan hidrolóxico de conca, así como o seu seguimento e revisión.
- A administración e control do dominio público hidráulico.
- A administración e control dos aproveitamentos de interese xeral ou que afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.
- O proxecto, a construción e explotación das obras realizadas con cargo aos fondos propios do Organismo, e as que lles sexan encomendadas polo Estado.
- As que deriven dos convenios con Comunidades Autónomas, Corporacións Locais e outras Entidades públicas ou privadas, ou dos subscritos cos particulares.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Confederación Hidrográfica del Segura (chsegura.es). "80 aniversario de la CHS". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2010.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Confederación Hidrográfica do SeguraArquivado 26 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marítimo