Confederación Irlandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Confederación Irlandesa foi un movemento nacionalista irlandés creado o 13 de xaneiro de 1847 por membros de Irlanda Nova, que previamente se escindiran da Repeal Association de Daniel O’Connell.

Historia[editar | editar a fonte]

En xuño de 1846 chega ao poder en Gran Bretaña o Partido Liberal da man de John Russell. O'Connell, que creara a Repeal para rexeitar a Acta de Unión de 1800, iniciou entón un achegamento cara a Russell e ao liberalismo inglés. Thomas Francis Meagher e os membros máis novos da asociación denunciaron esta estratexia de achegamento, o que valeu para que O'Connell os presentase coma "revolucionarios, infieis e inimigos da Igrexa". Finalmente, produciuse a escisión e Meagher creou cos seus a Confederación Irlandesa, cuxos líderes tiveron un destacado papel na Rebelión de Irlanda Nova de 1848.