Concepción Pérez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concepción Pérez Iglesias
Nome completoConcepción Pérez Iglesias
Nacemento1881
 Santiago de Compostela
Falecementodecembro de 1939
 Lantaño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e política
editar datos en Wikidata ]

Concepción Pérez Iglesias, nada en Santiago de Compostela en 1881 e finada en Lantaño en decembro de 1939, foi unha mestra e política galega. En 1925 converteuse na primeira alcaldesa de España[1], no concello de Portas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concepción estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e aos vinte anos obtivo o título de mestra. Sobre 1907 foi destinada á escola nacional de nenas de Portas. En 1908 casou con Amador Méndez Santamaría, veciño da parroquia de Godos, e fixou a súa residencia en Lantaño.

O 9 de xaneiro de 1925 foi elixida alcaldesa de Portas, cargo que desempeñou até o 23 de xaneiro de 1930. Tralo cesamento Concepción seguiu exercendo como mestra, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe, en Santiago, onde permaneceu ata os últimos anos da súa vida profesional.

Foi soterrada o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño.


Predecesor:
Cesáreo Besol Oria
 Escudo de Portas.svg
Alcaldesa de Portas
 
1925 - 1930
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La primera alcaldesa de España", artigo no blog do Centro de Estudios Borjanos, 19 de xuño de 2016 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]