Nacionalidade histórica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nacionalidade histórica é un termo empregado decote tanto pola clase política como pola sociedade civil para facer referencia a unha serie de nacións dentro dun estado, dotándoas dun recoñecemento como cultura diferenciada.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Termo recorrente na política do Estado español. É usado para designar aquelas comunidades autónomas que polo seu pasado histórico e mais o seu presente contan cunha identidade colectiva, lingüística e cultural de seu, diferenciada da recoñecida como española. A Constitución Española de 1978 non fai mención explícita a este termo, malia que foi discutido e segue a ser unha cuestión polémica que hoxe figura nos estatutos dalgunhas comunidades autónomas, as cales posúen un grao maior de competencias cedidas por parte do goberno do Estado.
Estatutos
[editar | editar a fonte]Con data de 2010, as comunidades autónomas que teñen recoñecida a característica de «nacionalidade», segundo está estipulado en cadanseu estatuto, son:
- Comunidade Autónoma de Andalucía: utiliza o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática, pero na reforma en marcha en 2006, está a considerarse o termo realidade nacional.
- Comunidade Autónoma de Aragón: utiliza o termo «nacionalidade» a partir das modificacións de 1996[1].
- Comunidade Autónoma das Illas Baleares: usa o termo «nacionalidade histórica» xa no primeiro artigo do estatuto de autonomía do 1983.
- Comunidade Autónoma das Illas Canarias: a partir da reforma de Estatuto de Autonomía de 1996.
- Comunidade Autónoma de Cataluña: utilizaba o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática, e na reforma de 2006, aparece o termo nación no preámbulo.
- Comunidade Autónoma Galega: utiliza o termo «nacionalidade histórica» xa no primeiro estatuto da restauración democrática.
- Comunidade Autónoma Vasca: utiliza o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática.
- Comunidade Autónoma Valenciana: a partir do Estatuto de Autonomía de 2006 utiliza o termo "nacionalidade histórica".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatuto de Autonomía de Aragón Arquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Título preliminar, artigo 1º.