Saltar ao contido

Comunidade (Gales)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rhayader é a comunidade máis grande en extensión.

Unha comunidade (cymuned en galés) é unha división administrativa que constitúe a subdivisión territorial inferior en Gales. Son análogas ás parroquias civís inglesas.

Historia e descrición

[editar | editar a fonte]
Barry é a comunidade con maior poboación.

Ata 1974 Gales dividíase en parroquias civís, baseadas nas parroquias eclesiásticas, que quedaron suprimidas pola Lei de goberno local substituídas por comunidades, quedando todo o territorio galés encadrado en comunidades, incluídas as zonas urbanas, a diferenza de Inglaterra onde existen áreas non integradas nas parroquias.

Os Concellos da Comunidade teñen as mesmas funcións e poderes que os concellos parroquiais inglesas. Á cabeza está o alcalde (maer en galés). Pero non todas as comunidades teñen un Concello, naquelas con moi pouca poboación poden organizarse Asembleas da Comunidade. As grandes cidades como Cardiff están divididas en varias comunidades. En 2001 existían 869 comunidades en Gales, a superficie varía entre Rhayader con 13.945 hectáreas e Cefn Fforest con 64 hectáreas. Barry é a comunidade con meirande poboación con 45.053 segundo o censo de 2001 e a de menor Baglan Bay, zona industrial sen residentes permanentes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • (en inglés) Davies, John, Nigel Jenkins, Menna Baines et Peredur I. Lynch, The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales, University of Wales Press, Cardiff, 2008.