Saltar ao contido

Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana
Logotipo
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2016 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana (siglas: Podemos-Compromís-EUPV) é unha coalición electoral formada por Coalició Compromís, Podemos del País Valencià e Esquerra Unida del País Valencià, que se estableceu en maio de 2016 para concorrer ás eleccións xerais españolas de 2016 no País Valenciano.[1] A alianza é a sucesora da coalición És el moment, que concorreu ás eleccións xerais españolas de 2015.

O nome da alianza, A la Valenciana, fai referencia ao tipo de coalición de goberno que Podemos e Compromís propuxeron ao PSOE tras as eleccións xerais de 2015. Esta proposta baseábase no acordo logrado no País Valenciano entre o Partit Socialista del País Valencià e Compromís tras as eleccións autonómicas valencianas de 2015, que permitiu que os seus respectivos líderes, Ximo Puig e Mònica Oltra, se convertesen no presidente e a vicepresidenta desa comunidade autónoma.[2]

  1. "´A la valenciana´ será o nome da coalición entre Compromís, Podem e EU". Levante EMV. 13 de maio de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016.
  2. "Podemos, Compromís e IU pechan o acordo de confluencia no País Valencià". eldiario.es. 13 de maio de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]