Kompas
Aparencia
(Redirección desde «Compass»)
Kompas (Kompleksniy Orbital'niy Magnito-Plazmenniy Avtonomniy Sputnik) ou Compass (Complex Orbital Magneto-Plasma Autonomous Small Satellite) foi unha serie de dous satélites artificiais rusos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os dous satélites Kompas tiñan unha masa de 80 kg e o seu obxectivo era intentar medir os efectos dos desprazamentos tectónicos e a busca de respostas litosféricas, atmosféricas e ionosféricas á actividade sísmica. Os resultados poderían ter axudado a predicir sismos e detectar recursos naturais como gas e petróleo.[1][2]
Kompas 1 foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un foguete Zenit 2, mentres que Kompas 2 lanzouse o 26 de maio de 2006 mediante un foguete Shtil 1. Un terceiro satélite, Kompas 2N, foi finalmente cancelado.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Kompas 1 | 10 de decembro de 2001 | Zenit 2 | Éxito |
Kompas 2 | 26 de maio de 2006 | Shtil 1 | Éxito |