Saltar ao contido

Comgall mac Domangairt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comgall de Dalriada»)
Modelo:BiografíaComgall mac Domangairt
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
Morte538 Editar o valor en Wikidata
Dalriada
507 – 538
← Domangart Réti (pt) TraducirGabrán mac Domangairt → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosConall mac Comgaill Editar o valor en Wikidata
PaiDomangart Réti Editar o valor en Wikidata
IrmánsGabrán mac Domangairt Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mac_Domangart-1

Comgall mac Domangairt foi rei de Dalriada a comezos do século VI. Era fillo de Domangart mac Fergusa e neto de Fergus Mòr Mac Earca. Os Anais do Ulster estabelecen a súa morte no anos 538, 542 e 545, e nos Anais de Tigernach en 537.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non se coñece nada da vida de Comgall agás sobre a súa morte, mais é salientable polo feito de levar o epónimo fundador do Cenél Comgaill, un dos parentescos de Dalriada, segundo o Senchus fer n-Alban. De feito, esta obra fala do Crich Comgaill, pero os Anais do Ulster empregan o termo cenél nun escrito de 710.

O Senchus narra que Comgall tivo un só fillo, Conall, que tivo sete fillos máis, dos cales se coñece o nome de seis: Loingsech, Nechtan, Artan, Tuatan, Tutio e Coirpre. Podería ser que Coripre fose un engadido posterior, xa que o Senchus fala dun pobo de Coirpre, diferente dos fillos de Erc.

O Cenél Comgaill

[editar | editar a fonte]

Os anaiss irlandeses falan relativamente pouco do Cenél Comgaill. Porén, novas interpretacións suxiren que este grupo de parentesco podería ter sido importante na gaelización dos pictos, xa que un tal Dargart mac Finguine do Cenél Comgaill casou coa princesa picta Der-Ilei, e os reis pictos Bridei IV e Nechtan mac Der-Ilei foron produto deste casamento.

Cóidase que o Cenél Comgaill se atopaba en Cowal, no oeste das Highlands, unha zona cuxo nome deriva de Comgall ou Comgaill, e na illa de Bute. Se cadra tamén controlaron dende a illa de Arran cara ó sur. Os centros reiais do seu reino non se coñecen, malia que Dunoon podería ter sido de grande importancia. Contra finais do século VI e comezos do VII asociouse Saint Blane con Bute, pero algúns investigadores actuais non están certos de que esta tradición sexa correcta. O mosteiro de Kingart, asociado con Saint Blane, noméase nos anais. Atópase preto da fortaleza de Dunagoil, que plausiblemente podería ter sido o centro real do estado, mais non é seguro que estivese ocupado durante ese período.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]