Saltar ao contido

Come On Pilgrim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Come on Pilgrim»)

Come On Pilgrim
EP de Pixies
Data de edición: 28 de setembro de 1987
Lanzamento:
Datas de gravación: marzo de 1987
Estudio(s) de gravación: Fort Apache Studios, Roxbury, Massachusetts
Duración: 20:28
Xénero musical: rock alternativo, college rock
Selo discográfico: 4AD
Producido por: Gary Smith
Cronoloxía
- Come On Pilgrim Surfer Rosa

Come On Pilgrim é a primeira edición da banda estadounidense de rock alternativo Pixies, lanzado o 28 de setembro de 1987 a través do selo 4AD. O 28 de setembro de 2018 a discográfica publicou un disco triplo para celebrar o 30 aniversario deste traballo e do álbum Surfer Rosa (1988), formado polo EP, o álbum e un terceiro disco con temas ao vivo.[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

En marzo de 1987 os Pixies (Black Francis, guitarra/voces principais; Kim Deal, baixo/voces; Joey Santiago, guitarra; David Lovering, batería), entraron nos Fort Apache Studios de Boston co dono do estudio e produtor Gary Smith para gravar unha cinta demo. O casete de 17 temas resultante, despois bautizada "The Purple Tape", conseguiu chegar ata Ivo Watts-Russell, presidente e cofundador do influente selo británico 4AD. O representante de Pixies, Ken Goes, tamén era o representante de Throwing Muses, que fora a primeira banda estadounidense en fichar con 4AD o ano anterior. A pesar de que inicialmente non quedou impresionado coa demo, a súa moza, secretaria na discográfica, díxolle que fichase ao grupo. Tras a súa insistencia, camiñou polas rúas de Nova York escoitando a cinta no seu Walkman e, segundo as súas palabra, finalmente "entendeuno".

Watts-Russell escolleu oitos dos 17 temas de The Purple Tape para compoñer un "mini album" de estrea. Expresando o seu pesar de que outras estreas anteriores de 4AD non estiveran ao nivel desas versións demo, decidiu remesturar lixeiramente esas oita cancións para editalas, en vez de facer que a banda as gravase outra vez. Pixies despois regravou e incluíu oitos dos nove cortes restantes en posteriores lanzamentos. A única canción que quedaría fóra desa lista foi "Rock A My Soul". Estes nove temas que quedaron fóra de Come On Pilgrim foron editados como o EP Pixies pola discográfica spinART Records en 2002.[2]

O título do EP procede de "Watch What You're Doing", unha canción do cantante de rock cristián Larry Norman, que inclúe a liña, "C'mon pilgrim, you know He loves you",[3] que Pixies usa no tema "Levitate Me". A letra de Larry Norman ("C'mon pilgrim, you know He loves you. He loves you more, than He loves this cloven earth. Don't make your life bad, and start acting like an idiot") á súa vez deriva da canción de Stevie Wonder "Sweet Little Girl" ("Come on now baby, you know your baby loves you, even more than he loves his clavinet. Don't make me get mad and act like a nigger.").

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Black Francis, agás "Levitate Me" por Black Francis/Kim Deal/David Lovering/Jean Walsh. 

N.º Título Duración
1. "Caribou"   3:14
2. "Vamos"   2:53
3. "Isla de Encanta"   1:41
4. "Ed Is Dead"   2:30
5. "The Holiday Song"   2:30
6. "Nimrod's Son"   2:17
7. "I've Been Tired"   3:00
8. "Levitate Me"   2:37
20:28
  1. Kreps, Daniel (2018-08-01). "Pixies Announce Massive 30th Anniversary 'Surfer Rosa' Reissue". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-08-31. 
  2. "Pixies - Pixies". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-08-31. 
  3. Buckley, Peter (2003). The rough guide to rock (3rd ed., expanded and completely rev ed.). London: Rough Guides. ISBN 1-84353-105-4. OCLC 59305933.