Coherencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A coherencia textual é a condición que debe presentar todo texto para que poida ser percibido con claridade e sen ambigüidades polo lector.

A coherencia implica que toda mensaxe debe ter as seguintes características:

  • Ser comprensible.
  • Estar ben estruturada e ordenada en progresión lóxica
  • Achegar unha información completa e pertinente.
  • Facilitar a lectura ou audición. Debe terse en conta a puntuación, a distribución dos parágrafos; ou a entoación.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.