Coactivador (xenética)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un coactivador é unha proteína que incrementa a expresión xénica ao unirse a un activador (ou factor de transcrición), que contén un dominio para a unión ao ADN. O coactivador non pode unirse ao ADN por si mesmo.[1][2][3]

O coactivador pode potenciar a iniciación da transcrición ao estabilizar a formación do holoencima ARN polimerase. Os coactivadores poden controlar moitos outros pasos da transcrición, como a elongación, o splicing do ARN, e a terminación e degradación do complexo coactivador-activador.

Algúns coactivadores posúen unha actividade intrínseca de histona acetiltransferase (HAT), que acetila as histonas e causa que a cromatina se relaxe nunha rexión limitada, o que facilita o acceso ao ADN. O CBP e o p300 son exemplos de coactivadores con actividade HAT. Informouse doutras moitas actividades encimáticas nos máis de 300 coactivadores coñecidos para os receptores nucleares.[4] Os mellor coñecidos destes son o SRC-1, SRC-2, e SRC-3. Os coactivadores funcionan en complexos de alto peso molecular de 6-10 coactivadores e proteínas asociadas a coactivadores (denominadas co-coactivadores).

Nos humanos coñécense de varias ducias a varios centos de coactivadores, dependendo do nivel de confianza co cal se pode facer a caracterización dunha proteína como coactivador.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Näär AM, Lemon BD, Tjian R (2001). «Transcriptional coactivator complexes». Annu. Rev. Biochem. 70: 475–501. doi:10.1146/annurev.biochem.70.1.475. PMID 11395415. 
  2. McKenna NJ, O'Malley BW (2002). «Minireview: nuclear receptor coactivators--an update». Endocrinology 143 (7): 2461–5. doi:10.1210/en.143.7.2461. PMID 12072374. 
  3. Xu W (2005). «Nuclear receptor coactivators: the key to unlock chromatin». Biochem. Cell Biol. 83 (4): 418–28. doi:10.1139/o05-057. PMID 16094445. 
  4. «Nuclear Receptor Signalling Atlas». Consultado o 2007-08-10. 
  5. Schaefer U, Schmeier S, Bajic VB (Jan 2011). «TcoF-DB: dragon database for human transcription co-factors and transcription factor interacting proteins». Nucleic Acids Res. 39 (Database issue): D106–10. doi:10.1093/nar/gkq945. PMC 3013796. PMID 20965969. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]