Club de piragüismo Altruán de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club de piragüismo Altruán é un club de piragüismo de Ribadeo, fundado en 1982. O seu presidente é José Ángel Fernández. Está formado aproximadamente por 70 socios entre os que se atopan Ricardo Otero e Raúl Cedrón, campións galegos de veteranos k-2 en 2014.

As súas instalacións están situadas na Praia dos Bloques de Ribadeo e conta cun ximnasio e un pendello onde se atopan as embarcacións tanto para o adestramento dos socios como para o alugueiro dos visitantes á vila. O club tamén realiza cursos de iniciación ao kayak de mar, pero a actividade máis esperada é a concentración de kayak de mar á Praia das Catedrais.