Claro de Vienne
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Saint-Clair-du-Rhône, Francia |
| Morte | p. 1 de xaneiro de 660 (Gregoriano) Vienne, Francia |
| Abade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | relixioso |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 1 de xaneiro 2 de xaneiro 3 de xaneiro |
San Claro de Vienne, tamén coñecido como Claro do Delfinado (en francés: Clair de Vienne, Clair du Dauphiné), nado en data descoñecida en Saint-Clair-du-Rhône (Reino de Borgoña) e finado arredor de 660 en Vienne, foi un relixioso e abade cristián, venerado como santo na Igrexa católica.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado no actual Saint-Clair-du-Rhône en data descoñecida, e finado arredor de 660. Claro foi abade do mosteiro de San Marcelo de Vienne, no Reino de Borgoña. No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito:
En Vienne, de Borgoña (hoxe Francia), san Claro, abade do mosteiro de San Marcelo, que deixou aos seus monxes un exemplo de perfección relixiosa (660/670).[1]
A Vita sancti Clari recolle a súa traxectoria.[2]
Culto
[editar | editar a fonte]O culto ao santo ten moita vitalidade na rexión de Vienne, onde está presente dende o século VIII, poucas décadas logo da morte do santo. A confirmación do culto veu por parte do papa Pío X en 1903.[3] Levan a súa advocación dez parroquias da rexión do Delfinado, e varios lugares levan o seu nome. As súas reliquias están en Aix-les-Bains.
A súa memoria é o 1 de xaneiro; porén, na diocese de Viviers se traslada ao día seguinte. Nas dioceses de Annecy, Chambéry, Grenoble e Lión ten rango de festividade, e celébrase tamén o 2 de xaneiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martirologio Romano (en castelán).
En Vienne, de Borgoña (hoy Francia), san Claro, abad del monasterio de San Marcelo, que dejó a sus monjes un ejemplo de perfección religiosa (660/670)
- ↑ Hen, Yitzhak; Meens, Rob, eds. (2004). The Bobbio Missal: Liturgy and Religious Culture in Merovingian Gaul. Cambridge University Press. p. 40. ISBN 9780521823937.
- ↑ Barbé, Jean-Maurice (1994). Tous les prénoms (en francés). Editions Jean-Paul Gisserot. p. 94. ISBN 9782877471589.