Saltar ao contido

Circuíto de Misano Marco Simoncelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Circuíto de Misano»)
Circuíto de Misano Marco Simoncelli
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras Gran Premio de Motociclismo de San Marino; Campionato do Mundo de Superbikes; Fórmula Renault; Blancpain Sprint
Localización Italia Misano Adriatico, Provincia de Rimini, Emilia-Romagna, Italia
Lonxitude 4,200 km.
Curvas 16
Volta rápida 1:31.868
Piloto récord Jorge Lorenzo
Escudería récord Yamaha YZR-M1
Coordenadas
Vista do Circuíto
Vista aérea

O circuíto de Misano Marco Simoncelli (ata 2006: Circuito Internazionale Santamonica) é un autódromo na fracción de Santa Mónica, comuna de Misano Adriático, rexión de Emilia-Romaña, Italia. Inaugurouse en 1972 cunha extensión de 3.488 metros. En 1993, a súa lonxitude aumentou a 4.060 metros (coa opción dunha variante curta), e as instalacións se actualizaron varias veces durante esa década. Para que o Campionato Mundial de Motociclismo volvera a Misano, modificou o sentido de xiro (agora no sentido horario) e a pista ensanchouse a 14 metros, polo que a extensión pasou a ser de 4.180 metros.

Misano albergou numerosos grandes premios do Campionato do Mundo de Motociclismo: o Gran Premio de Motociclismo de Italia en 1980, 1984, 1989, 1990, 1991 e 1993; e o Gran Premio de Motociclismo de San Marino entre 1985 e 1987, e máis tarde desde 2007. O Campionato Mundial de Superbikes correuse por vez primeira en 1991 e máis tarde desde 1994.

Misano tamén albergou carreiras da Fórmula 2 Europea (desde 1977 ata 1984), o Campionato Mundial de Resistencia (en 1978), a BPR Global GT Series (en 1998), o Campionato da FIA de Sport Prototipos (en 1998) e o Campionato Alemán de Superturismos (en 1999). Na década de 2000, foi utilizado para campionatos internacionais de monoprazas, como a Fórmula 3000 Europea (en 1999, 2000, 2005, 2006 e 2008), a World Series by Renault (en 2006) e a Fórmula Master Internacional (en 2005), así como os campionatos italianos de Fórmula 3, Fórmula Renault, turismos e gran turismos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]