Circuíto urbano de Port Imperial
Coordenadas: 40°46′37″N 74°00′40″O / 40.7769, -74.0111
Circuíto de Port Imperial | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Carreiras | F1 |
Localización | ![]() |
Lonxitude | 5,200 km |
Curvas | 19 |
Volta rápida | |
Piloto récord | |
Escudería récord |

O Circuíto urbano de Port Imperial foi un proxecto de circuíto de carreiras urbano situado en Nova York, no estado de Nova Jersey, Estados Unidos. No Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 este circuíto ía a acoller o Gran Premio de América da Fórmula 1. O trazado foi deseñado polo enxeñeiro alemán Hermann Tilke co propósito de que Nova York albergará a Fórmula 1. A estrea nesa competición foi planeada para a tempada 2013 pero decidiuse atrasala tres anos até a tempada 2016. O circuíto terá unha lonxitude de 5'2 quilómetros e un número total de 19 curvas.
Cando a carreira inaugural de 2013 se retirou do calendario, o presidente e CEO da Fórmula Un Bernie Ecclestone afirmou que os promotores incumprían o contrato e que novas propostas doutras partes serían benvidas. A carreira engadiuse varias veces e eliminouse dos futuros calendarios provisionais de Fórmula Un e finalmente abandonouse o proxecto.