Cidade autónoma
Unha cidade autónoma é unha división administrativa.
Arxentina
[editar | editar a fonte]Na Arxentina, o artigo 129 da reforma constitucional arxentina de 1994 concedeu á cidade de Buenos Aires o rango de cidade autónoma, o que lle outorga un status practicamente equiparable —en case todos os sentidos— ao de calquera provincia arxentina, tendo polo tanto representantes no Congreso da Nación ademais dunha lexislatura propia.
Non obstante o anterior, a doutrina e a xurisprudencia é consistente en afirmar que a cidade de Buenos Aires non é unha provincia e que aínda que ten autonomía, está limitada polas leis que dite o Congreso mentres as autoridades nacionais sigan residindo na cidade, o cal non ocorre nas provincias. A súa autonomía é derivada e non orixinaria.
A Constitución afirma o sistema de goberno, republicano, representativo e federal. O termo “autónomo” non se atopa no texto, pero si “en cumprimento dos Pactos Preexistentes” asinado polos gobernantes das provincias “federais”, interpretándose constituír cada provincia como un Estado case libre, asociado nunha “confederación” para adquirir representatividade internacional por intermedio dun Goberno Central, destinado á administración dos intereses comerciais, económicos e financeiros comúns nas áreas internacionais, exclusivamente e representar á Confederación, nas relacións e controversias entre e cos Estados e intervir nos estudos, investigacións, colaboracións e solución de cuestións estranxeiras que vitaliza a necesidade da existencia arxentina no concerto internacional. Ademais, prevé as estratexias cos modos da defensa dos seus intereses, territorios e augas xurisdicionais, para o que cada estado federal cede un anaco das súas facultades e outro proporcional de riqueza de cada xestión para a constitución e sostén do goberno central e, da súa capacidade humana e material, prover recursos á loxística e as cotas de reposición.
España
[editar | editar a fonte]En España teñen o rango de cidades autónomas, Ceuta e Melilla, localizadas no norte de África e limítrofes con Marrocos. Estas dúas cidades posúen competencias superiores ás dun municipio (poden decretar regulacións executivas) pero inferiores ás dunha comunidade autónoma (debido a que non teñen cámaras lexislativas propiamente ditas).
No ano 1995 aprobouse nas Cortes Xerais (Parlamento) un estatuto específico, que aínda que non lles concede capacidade lexislativa, si que lles permite propor nas Cortes as iniciativas lexislativas que consideren oportunas.
A diferenza das comunidades autónomas, non teñen unha asemblea lexislativa autónoma propia.