Chuzan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChuzan

Localización
Mapa
 26°14′45″N 127°43′19″L / 26.2458, 127.7219Coordenadas: 26°14′45″N 127°43′19″L / 26.2458, 127.7219
CapitalUrasoe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Hokuzan (pt) Traducir
Nanzan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1314 Editar o valor em Wikidata
Disolución1429 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Ryukyu Editar o valor em Wikidata

Chuzan (xaponés: 中山, Chūzan) era un dos tres reinos que exercían soberanía sobre o arquipélago de Okinawa, durante o século XIV, nunha época que ficou coñecida como Período Sanzan. Antes desta época, a rexión era controlada por varios pequenos xefes tribais que tomaron o poder despois dun feble control real central. Eventualmente, xurdiron as tres maiores potencias, que serían substituídas novamente por un poder central localizado exactamente en Chuzan. Trala reunificación, o novo estado pasou a se chamar Reino de Lequias, ou de Ryukyu, sendo, porén, referido como Chuzan en varios actos rexios.[1][2][3]

Tamagusuku, con dezanove anos de idade, sucedeu o seu pai, Eiji, como o rei de Okinawa, en 1314. Pero non tiña as mesmas características do seu antecesor, e non se lle tiña respecto a el nin ao seu liderado, o que levou os nobres locais a se rebelaren sucesivamente, uns detrás doutros nun breve período de tempo. O Señor de Ozato separouse ao Sur, levando consigo os seus seguires, e formou o Reino de Nanzan. Á súa vez, o Señor de Nakijin, na rexión localizada no Norte, tamén fixo igual e declarouse Rei de Hokuzan. Restou a Tamagusuku soamente a rexión central, en Urasoe, converténdose no Rei de Chuzan.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kerr, George (1953). National Academies, ed. Ryukyu Kingdom and Province Before 1945 (en inglés). p. 63. 
  2. 2,0 2,1 Kerr, George (2000). Tuttle, ed. Okinawa: The History of an Island People (en inglés). North Clarendon. p. 66. 
  3. Loo, Tze May (2014). Lexington Books, ed. Heritage Politics: Shuri Castle and Okinawa’s Incorporation into Modern Japan, 1879–2000 (en inglés). pp. 1, 2.