Chicharrón (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chicharrón
Álbum de Chicharrón
Publicado20 de xuño de 2014
Gravaciónmarzo de 2014
Estudio(s)A Ponte, Villestro
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Prenom
Producido porChicharrón
Cronoloxía
- Chicharrón Postal

Chicharrón é o álbum de estrea da banda galega de indie rock Chicharrón, publicado o 20 de xuño de 2014 a través do colectivo artístico Prenom. O disco foi gravado e mesturado no estudio A Ponte de Villestro por Tomás Ageitos. O disco foi masterizado polo batería de Triángulo de Amor Bizarro Roberto Mallo.[1][2]

A banda formárase poucos meses antes, a comezos de 2014, e neste traballo participan os seus membros orixinais: Alberto M. Vecino (voz e guitarra), Diego Gende (guitarra e baixo) e Rubén Domínguez (teclado, piano e coros).[1] Tamén colaboraron Alex Marban e David Iglesias, ademais de Tomás Ageitos que tocou a batería.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Chicharrón

N.º Título Duración
1. "Caída horizontal (infraleve)"   2:32
2. "Peluquero de maíz"   2:42
3. "Resbalando por gargantas que me devolverán a ti"   3:09
4. "Ha llegado el tiempo de los asesinos"   2:14
5. "El amor no aguanta un mareo"   1:45
6. "Que no te conozcan por lo que haces"   1:52
7. "Definitivamente inacabado"   3:09
8. "Por mi grandísima culpabilidad"   3:18
9. "Tú también tienes armas"   3:46
10. "Y las huellas de los lobos sobre la nieve siguen siendo lo único real"   2:24

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Chicharrón by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Chicharrón - Chicharrón". La Fonoteca. Consultado o 13 de outubro de 2018.