Chang'e 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chang'e 1
Chang e 1.jpg
Representación de Chang'e 1
Tipo Sonda luar
Contratistas principais CAST
Data de lanzamento 24 de outubro de 2007, 10:05 GMT[1][2][3]
Foguete portador CZ-3A[2][4]
Sitio de lanzamento Centro de lanzamento de Xichang[2][3][4][5]
Obxectivo da misión Estudio da Lúa.[2][4][3]
NSSDC ID 2007-051A
Masa 2300 kg[2][4][5]
Dimensións Forma de caixa de 2,0 x 1,7 x 2,2 metros[2]

Chang'e 1 foi a primeira sonda luar China, lanzada o 24 de outubro de 2007, mediante un foguete CZ-3A desde o centro de lanzamento de Xichang.[5][4][1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Chang'e 1 recibe o seu nome dunha lenda china na que unha rapaza xoven voa ata a Lúa.[5]

Órbitas[editar | editar a fonte]

Chang'e 1 foi lanzada o 24 de outubro de 2007 ás 10:05 UTC a unha órbita inicial de 205 km de perixeo e 51.000 km de apoxeo. Ás 9:15 UTC do 31 de outubro a nave encendeu o seu motor durante 13 minutos para poñerse nunha traxectoria translunar. Ás 3:15 UTC do 5 de novembro, nas proximidades da Lúa, Chang'e 1 encendeu novamente o seu motor durante 22 minutos para frearse e entrar nunha órbita arredor da Lúa 200 km de periastro, 8600 km de apoastro e un período de 12 horas. Unha segunda manobra de 14 minutos de duración o 6 de novembro ás 3:21 UTC puxo a nave nunha órbita de 213 por 1700 km e un período de 3,5 horas. A órbita final de traballo acadouse o 7 de novembro tas un encendido do motor que durou dez minutos e comezou ás 00:24 UTC, poñendo a nave nunha órbita circular de 200 km de altura e 127 minutos de período.[2] Tras finalizar a súa misión, Chang'e foi dirixida á superficie luar, onde impactou o 1 de marzo de 2009.[4]

Nave[editar | editar a fonte]

Chang'e 1 está basada no bus de satélites de comunicacións DFH-3 e ten unha masa de 2350 kg, da que a metade é propelente e 130 kg son instrumentos científicos. Ten forma de caixa de 2,0 x 1,7 x 2,2 metros, e a alimentación eléctrica proporcionaa un par de paneis solares que surxen dos extremos da caixa.[2]

Instrumentos científicos[editar | editar a fonte]

Chang'e 1 levaba sete instrumentos a bordo:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "CHANG E 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=32273. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Chang'e 1" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2007-051A. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 (PDF) Note verbale dated 20 April 2009 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 9 de agosto de 2010. pp. 11. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3235. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Chang'e 1 (CE 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/change-1.htm. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Chang'e" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/change.htm. Consultado o 17 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]