Certificado Dixital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Certificado Dixital é un documento dixital mediante o cal un terceiro confiable (unha autoridade de certificación) garante a vinculación entre a identidade dun suxeito ou entidade e a súa clave pública.

Aínda que existen variados formatos para certificados dixitais, os máis comunmente empregados réxense polo estándar UIT-T X.509. O certificado contén usualmente o nome da entidade certificada, número de serie, data de expiración, unha copia da clave pública do titular do certificado (utilizada para a verificación da súa firma dixital) e a firma dixital da autoridade emisora do certificado de forma que o receptor poida verificar que esta última estableceu realmente a asociación.

Formato de certificado dixital[editar | editar a fonte]

Un certificado emitido por unha entidade de certificación autorizada, ademais de estar asinado dixitalmente por esta, debe conter polo menos o seguinte:

  • Nome, dirección e domicilio do subscritor.
  • Identificación do subscritor nomeado no certificado.
  • O nome, a dirección e o lugar onde realiza actividades a entidade de certificación.
  • A clave pública do usuario.
  • A metodoloxía para verificar a firma dixital do subscritor imposta na mensaxe de datos.
  • O número de serie do certificado.
  • Data de emisión e expiración do certificado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]