O Certame de pintura Otero Baena é un premio convocado polo Concello de Bueu para artistas noveis. Creárono en 2022 a familia do exalcalde e pintor José Benito Otero Baena e o Concello de Bueu co obxectivo de homenaxear a súa memoria. O certame, dotado con 1500 euros de premio, ten carácter bianual.[1] Na súa primeira edición recibiu un total de 52 obras pictóricas, das que 13 foron finalistas.