Central nuclear de Almaraz
A central nuclear de Almaraz é unha das oito centrais nucleares en funcionamento en España.
Localización[editar | editar a fonte]
Está situada no concello de Almaraz (Cáceres), na comarca natural Campo Arañuelo e refrixerada polo río Texo. Atópase a pouca distancia da N-V, a principal vía de comunicación entre Madrid e Estremadura. Empezouse a construír en 1972, co que se converteu na primeira das centrais nucleares españolas, pero o primeiro reactor non entrou en funcionamento ata 1981, co que xa pertence á segunda xeración de nucleares dese país. O segundo comezou a operar en 1983. O recinto total da central ten unha superficie de 1.683 hectáreas (16,83 km2).
Características[editar | editar a fonte]
A central posúe dous reactores, Almaraz I, de 973.5 MW e Almaraz II de 982.6 MW. Refrixérase en circuíto aberto con auga do encoro de Arrocampo. Son reactores do tipo de auga a presión.
Almaraz produciu en 2007 15 208 435 MWh, dos que 8 488 011[1] foron xerados polo reactor número 1 e 6 720 424[2] polo segundo reactor.
Xestión[editar | editar a fonte]

A central de Almaraz está xestionada por tres eléctricas, que se reparten a propiedade e o beneficio conforme a estas porcentaxes:
- Iberdrola: 53%.
- Endesa: 36%.
- Gas Natural Fenosa: 11,29%.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Foro de la Industria Nuclear de España". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 26 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Foro de la Industria Nuclear de España". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 26 de xaneiro de 2008.