Central hidroeléctrica Ralco
Tipo | central hidroeléctrica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Chile | |||
| ||||
Bañado por | Río Biobío e encoro Ralco | |||
Conéctase con | encoro Ralco | |||
Conca hidrográfica | conca do río Biobío | |||
Actividade | ||||
Operador | Enel Generación Chile | |||
Propietario | Enel Generación Chile | |||
A central hidroeléctrica Ralco é unha central xeradora de electricidade por enerxía hidráulica. Atópase na comuna de Alto Biobío, a 120 km ao leste da cidade de Los Ángeles, na Rexión de Biobío. É de tipo hidráulica de encoro e utiliza a forza do río Biobío mediante un encoro artificial. Foi posta en servizo en 2004, logo de 6 anos de construción, e despois de case unha década de conflitos sociais coa poboación pehuenche que habitaba a zona.[1] Actualmente posúe unha potencia de 690 MW, o que a converte na principal central eléctrica do país. É operada por Enel Generación Chile.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A comezos da década do 90, a empresa chilena Enel Generación Chile, subsidiaria da empresa española Endesa, planea iniciar un gran proxecto para abastecer a subministración eléctrica do país.[3] O potencial hidroeléctrico da conca do río Biobío xa fora estudado, na década dos 60, pola mesma entidade cando esta era pública.[4]
O 22 de maio de 1990, o Ministerio de Economía autorizou a construción da central hidroeléctrica Pangue, primeira etapa dun gran plan cuxo obxectivo era erixir seis centrais na conca do río Biobío.
Conflito coa comunidade pehuenche
[editar | editar a fonte]Entre os medioambientalistas e os voceiros de comunidades pehuenches xurdiu unha oposición ao proxecto, criticando a alteración das formas de vida e polo dano ambiental que sufriría a conca do río. O conflito chegou aos tribunais de xustiza onde finalmente, en 1993, a Corte Suprema acolleu a apelación interposta pola empresa Pangue S.A. permitindo a construción da central.
En 1997 o proxecto puido contar coa aprobación da CONAMA, logo da análise do Estudo de Impacto Ambiental (EIA), sendo a primeira obra deste tipo en someterse a este exame. Ao mesmo tempo a entidade sinalou que, por aplicación da lei indíxena (N° 19253), a relocalización da poboación só podería levarse a cabo co consentimento dos afectados, sendo a través da permuta por outro predio que satisfaga ao indíxena afectado e coa autorización da Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena (CONADI). A gran parte aceptou a permuta de terras ofrecida por Endesa. Porén, houbo familias que se opuxeron fortemente a saír das súas terras en lembranza dos seus devanceiros e dos dereitos ancestrais que posuían sobre elas.[5]
O 10 de decembro de 2002, a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) recibiu unha petición presentada por avogados representantes da Universidade Arcis, o Center for International Environmental Law (CIEL) e de cinco pehuenches directamente afectadas (entre elas as irmás Berta e Nicolasa Quintremán),ref>El Mercurio (ed.). "Nicolasa Quintreman". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2019.</ref>[6][7][8] onde se alegaba a violación por parte do estado de Chile de varios dereitos protexidos descritos na Convención Americana sobre Dereitos Humanos, e ademais solicitáronse medidas cautelares para evitar que as súas terras fosen alagadas. Nese momento as obras xa tiñan un 70% de avance.[9]
O 16 de setembro de 2003 subscribiuse un acordo, no Palacio de la Moneda durante o mandato de Ricardo Lagos Escobar e ante o Secretario Xeral da Presidencia Francisco Huenchumilla, entre as catro familias pehuenches que aínda se opuñan á entrega das súas terras e a empresa. Co acordo, cada unha das catro familias recibiu 200 millóns e 77 hectáreas de terreo. Ademais, o Goberno comprometeuse a comprar 1200 hectáreas do fundo El Porvenir situado na zona, para entregalas ás familias que permutaron as súas terras. Endesa pola súa banda, comprometeuse a destinar 300 millóns para unha nova fundación encargada de dar beneficios aos afectados pola construción da central.[10]
En 2004, Chile asinou unha serie de compromisos ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), entre os que está a creación da comuna de Alto Biobío, na que non se volverían a construír represas en terras indíxenas.
En 2013 apareceu flotando o corpo de Nicolasa Quintremán, activista mapuche pehuenche que abanderara durante moitos anos a loita contra a central. A tese oficial explica que Nicolasa seguramente morreu afogada por accidente, posiblemente por mor dun accidente, pero con todo esa tese é cuestionada por moitos, que sospeitan que en realidade foi asasinada polos impulsores da central por mor da oposición que fixera.[11]
Pontencia
[editar | editar a fonte]Ralco posúe unha potencia de 690 MW, achegando o 4,6% da enerxía total xerada no SIC. É a central eléctrica que máis enerxía achega no país (séguelle a Central termoeléctrica Guacolda, con 608 MW, e a Central hidroeléctrica Pehuenche, con 570 MW).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Endesa Chile inaugura central Ralco". EMOL. 27 de setembro de 2004. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Central Ralco (Chile)". Endesa (Chile). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Central Ralco". Profesor en línea. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ Skoknic, Francisca (4 de decembro de 2008). "Angostura: La hidroeléctrica que vuelve a despertar al Bío Bío". Ciper. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Pangue y Ralco". Memoria Chilena. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ Muñoz, Paula. La Tercera, ed. "La herencia de Nicolasa Quintremán". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2019.
- ↑ Barreno, Jorge. El Mundo, ed. "Hallan muerta a la líder indígena chilena Nicolasa Quintremán".
- ↑ Vega. "Huella de Mujeres". En Vega, María Eliana; Sutherland, Juan Pablo; Jiles, Pamela; Valenzuela, María Elena; Délano, Manuel. Sexo y derechos: las nuevas batallas por la igualdad. ISBN 978-956-282-635-8.
- ↑ "Denuncia ante la Comisión Interamericana de Derechos Humanos en contra del Estado de Chile" (PDF). Comisión Interamericana de Derechos Humanos. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Ralco:Familias Pehuenches llegan a acuerdo con Endesa". EMOL. 16 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "La extraña muerte de Nicolasa Quintreman". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2023.