Celia en la revolución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celia en la revolución
Autor/aElena Fortún
OrixeEspaña
LinguaCastelán
ColecciónCelia y su mundo
EditorialRenacimiento
Data de pub.1987
Precedido porCelia Madrecita
Seguido porCelia Institutriz en América
EditorMarisol Dorao
Páxinas373
editar datos en Wikidata ]

Celia en la revolución é unha novela da escritora española Elena Fortún, publicada en 1987, 35 anos despois da morte da autora. Foi Inés Field, grande amiga de Fortún, quen conservou o borrador. Posteriormente, foi cedido a Marisol Dorao, quen editou o libro e publicouno na Editorial Renacimiento en 2016.

Historia[editar | editar a fonte]

Fortún escribiu o manuscrito tras a guerra civil española. Foi Manuel Aguilar quen lle propuso a idea de escribir unha novela na colección El mundo de Celia, na que se expoñe a realidade da guerra civil[1]. Non obstante, Fortún comezou o texto cando xa estaba exiliada na Arxentina. Así llo deixou por escrito ao seu fillo, Luís de Gorbea:

Comecei Celia en la revolución e antes de vir rompín os catro capítulos que tiña feitos que eran dunha tenrura e emoción que xa non sei se poderei refacer. Logo comecei miñas memorias nos primeiros días de estar aquí e fai uns días cas atopei. Como aínda os acontecementos estaban frescos e non caera sobre eles esta cinza de América, impresioneime ao lelos e prometinme continualos, pero polo de agora non teño tempo [...] este ano prometo facelo.[2]

Unha das razóns polas que o manuscrito non fose publicado antes, foi a vontade de Fortún que solicitou a Inés Field que, tanto Celia en la revolución como Oculto sendero e El pensionado de Santa Casilda, as dúas últimas novelas con contido lésbico, os gardase e non os enviase a España co resto dos seus manuscritos.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

A acción da novela sitúase no estalido da guerra civil española, cando Celia, a protagonista da novela e da colección El mundo de Celia, se atopa en Segovia, vivindo na casa do seu avó coas súas irmás máis novas. O avó, republicano, ordénalles que viaxen ata Madrid para poñerse a salvo tras o levantamento fascista. Deste xeito, Celia, as súas irmás e Valeriana, a traballadora da casa e a coidadora das nenas, marchan en burro.

Celia asentase coas súas irmás en Madrid, primeiro na casa da súa tía e de seu curmán, ao que arrestan por fascista, e posteriormente na súa casa de Chamartín de la Rosa con seu pai, o cal foi ferido en combate e co cal pasa unha tempada no hospital. Os bombardeos, cada vez máis frecuentes, provocan que as irmás de Celia viaxen, xunto con Valeriana e outros nenos, a Valencia, onde Celia reunirase con elas máis tarde. Porén, cando seu pai incorporase á loita e ela é libre de viaxar a Valencia, lle resulta moi complicado encontrar o rastro das súas irmás, coas que non consegue poñerse en contacto. Aínda así, pasa unha tempada na cidade. Pero, outra vez debido aos bombardeos e tras seguir a pista das súas irmás, viaxa ata Barcelona nunhas condicións deplorables.

En Barcelona, vive un tempo na casa dunhas mulleres que lle ceden un cuarto, grazas aos contactos de Jorge, amigo de Celia, que traballa no exército. Alí reencontrase co seu pai e ambos coñecen a noticia de que as súas irmás e Valeriana cruzaron a fronteira e se atopan en Francia. Durante o período que vive en Barcelona recupera parte da súa vida normal, indo cear e comprando roupa que necesita, a pesar dos escasos cartos que lle quedan. Pero chega un punto no que os constantes bombardeos vólvense insoportables e a súa vida está constantemente en risco. Tras a toma de Barcelona polo bando sublevado e a situación tan extrema que se vive en Madrid, Celia viaxa outra vez a Valencia e dende alí colle un barco con dirección a Francia para rencontrarse coas súas irmás. Así, pódese ver a semellanza co exilio da autora, que tamén viaxou dende Valencia a Francia pola Guerra Civil.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Celia: é a protagonista da novela e da colección de libros que levan seu nome El mundo de Celia. Nesta novela ten 16 anos e enfrontase á vida en España no medio da Guerra Civil, tendo que facerse cargo das súas irmás e da responsabilidade da familia, xa que non ten nai.
  • Teresina y María Fuencisla: son as irmás máis novas de Celia, a súa visión infantil e inocente dulcifica o relato e dota á novela de visión infantil. Aparecen moi pouco na novela, xa que dende que deixan Madrid só hai referencias indirectas e estes personaxes.
  • O pai: non se menciona o nome. A súa presenza introdúcese cando as súas fillas chegan a Madrid e Celia atópase con que foi ferido en combate. É un home que quere moito as súas fillas e co que a protagonista ten unha gran confianza. Durante a estancia en Barcelona tamén é un grande apoio para Celia, xa que lle proporciona cartos para sobrevivir e lle facilita os viaxes para atopar as súas irmas.
  • Jorge: é un amigo de Celia. Na novela intenta, sen éxito, introducilo nas ideas políticas. Durante as viaxes de Celia, sempre se mantén atento á situación da nena e presta a súa axuda sempre que pode. Rencóntranse en Barcelona, e é alí onde Celia dáse de conta de que está namorada del. Tras a toma de Barcelona, Jorge será abatido en combate.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dorao, Marisol (1999). Los mil sueños de Elena Fortún. Cádiz: Universidad de Cádiz, Servicio de Publicaciones. ISBN 84-7786-576-0. OCLC 43586952. 
  2. Fortún, Elena (2020). Celia en la revolución (2a. ed ed.). Valencina de la Concepción, (Sevilla): Renacimiento. ISBN 978-84-18387-26-5. OCLC 1228114835. 
  3. Bravo-Villasante, Carmen; Field, Inés; García, Manuel; García Padrino, Jaime (1986). Elena Fortún (1886-1952). Madrid: Asociación Española de Amigos del IBBY. ISBN 84-398-8293-9. OCLC 434808144. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bravo-Villasante, C., Field, Inés., García Padrino, J., & Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. (1986). Elena Fortún: (1886-1952). Asociación Española de Amigos del IBBY
  • Dorao, M. (1999). Los mil sueños de Elena Fortún. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz.
  • Fortún, E. (2020). Celia en la revolución. Editorial Renacimiento. Edición de María Jesús Fraga e Inmaculada García Carretero.