Celestial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celestial
Álbum de ISIS
Publicado3 de abril de 2000
Gravaciónxaneiro - febreiro de 2000
Duración51:58
Xénero(s)post-metal
Selo(s)Escape Artist Records, Hydra Head Records
Producido porIsis, Matt Bayles
Cronoloxía
Sawblade EP Celestial SGNL>05

Celestial é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-metal ISIS, publicado o 3 de abril de 2000 a través dos selos Escape Artist Records e Hydra Head Records. Un ano despois o grupo publicou SGNL>05, un EP creado como unha extensión de Celestial; os seus temas foron collidos directamente das sesións de gravación de Celestial.[1] O líder Aaron Turner descríbeos como "parte do mesmo todo", separados porque publicar un dobre álbum como primeiro lanzamento da banda podería ser demasiado para os oíntes.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Isis. 

N.º Título Duración
1. "SGNL>01"   0:55
2. "Celestial (The Tower)"   9:42
3. "Glisten"   6:35
4. "Swarm Reigns (Down)"   6:02
5. "SGNL>02"   0:51
6. "Deconstructing Towers"   7:30
7. "SGNL>03"   0:35
8. "Collapse and Crush"   5:55
9. "C.F.T. (New Circuitry and Continued Evolution)"   5:43
10. "Gentle Time"   7:02
11. "SGNL>04 (End Transmission)"   1:07

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Aquarian (ed.). "Interview with Aaron Turner of Isis: Radiating Energy". Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  2. Self-titled (ed.). "PRIMER: Aaron Turner Revisits Isis' Entire Catalog". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2017.