Caza de focas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cachorro de foca arpa
Debuxo dunhas focas arpa ou Phoca Groenlandica en Canadá.

A caza de focas é unha actividade consistente na obtención de recursos a partir de focas, principalmente cachorros de focas arpa (o 95% aproximadamente).[1]

Principalmente dáse en Canadá e Groenlandia, onde se estima que en total cada ano se matan uns cincocentos mil ejemplares.[1]

O método máis habitual para matalas é esmagarlles o cranio cun pico de ferro[2][3] ou con paus cun gancho nunha extremidade, se ben en ocasións se empregan rifles.[1] Segundo os ecoloxistas, en ocasións tamén son esfoladas vivas.[4]

Canadá[editar | editar a fonte]

A caza de focas en Canadá é unha cita anual[5] na cal pescadores canadenses dedícanse a disparar e cazar cachorros de focas arpa na tempada de caza, malia a oposición de boa parte da opinión pública[6] e as as constantes protestas de grupos defensores dos dereitos dos animais. Cada ano extermínase arredor dunhas 350.000 focas[7] mozos fronte á costa este de Canadá, outras miles quedan mutiladas ou gravemente feridas de por vida.

Algúns científicos, así como as organizacións de protección animal que protestan polas cazas, sinalan que a debilidade do xeo dos últimos anos significou unha mortalidade moi superior á normal entre os cachorros.

O profesor David Lavigne, unha das maiores autoridades científicas do mundo en focas arpa informou que segundo os propios datos das autoridades canadenses, nos períodos recentes nos que o xeo foi débil a mortalidade se disparou entre o 25 e o 75% das crías nacidas.

A falta de grandes placas de xeo flotantes tamén dificulta a caza para os pescadores que teñen que disparar ás focas a distancia, en vez de golpealas na cabeza sobre os carambelos como se fixo tradicionalmente no golfo de San Lorenzo, onde se realiza maioritariamente esta práctica.

Localización das focas arpa no Mundo

O uso de rifles, a dispersión das focas e a súa escaseza fai que cada vez este tipo de caza sexa menos rendible para os pescadores de Canadá.

Organizacións como a Humane Society of the United States (HSUS) e o Fondo Internacional do Benestar Animal (IFAW) denuncian que a caza non só é "cruel" senón que as elevadas cotas de caza permitidas por Canadá dende 1996 poden ter un impacto catastrófico sobre o futuro da poboación de focas na rexión.

Só entre o 2003 e o 2005, os pescadores canadenses cazaron polo menos un millón de focas arpa, algo máis dunha sexta parte da poboación total na costa atlántica canadense.

Ademais, argumentan HSUS e IFAW, os animais cazados son os máis novos polo que o impacto da súa desaparición se verá realmente nos próximos anos cando eses exemplares deberían ter alcanzado a súa madureza sexual.

As autoridades canadenses, non obstante, negan que a súa xestión represente unha ameaza para as focas arpa. Segundo o voceiro do Ministerio de Pesca canadense, Phil Jenkins, as autoridades incluíron nos seus modelos de xestión o impacto ambiental como o quentamento global e a desaparición da capa de xeo.

John Efford, ministro de Pesca e Agricultura de Terra Nova, declarou:

"Quixera ver estes seis millóns de focas -ou calquera que sexa o seu número- mortas e vendidas, destruídas ou queimadas. Non me interesa o que lles pase. (...) Cantas máis morran máis feliz serei".[6][8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Jaulas Vacías. El Desafío de los Derechos de los Animales, Tom Regan. Publicado por Fundación Altarriba, Barcelona, (2006). ISBN-10: 84-611-0672-5 ISBN-13: 978-84-611-0672-1. Página 122
  2. Activistas de Equanimal protestan contra la matanza anual de focas El Diario
  3. “El método más común empleado para asesinar a las focas consiste en aplastarles el cráneo con un pico de hierro” 15/03/2009 elmercuriodigital.es
  4. Los ecologistas en Canadá: "Sabemos que somos los ojos del mundo y por tanto nadie podrá impedir nuestra tarea" 02/04/2007 20 minutos
  5. Canadá: comienza matanza de focas en BBC Mundo
  6. 6,0 6,1 Jaulas Vacías. El Desafío de los Derechos de los Animales, Tom Regan. Publicado por Fundación Altarriba, Barcelona, (2006). ISBN-10: 84-611-0672-5 ISBN-13: 978-84-611-0672-1. Página 123
  7. Protestan desnudos contra la masacre de focas en Canadá 18/05/09 20 minutos
  8. Seal Campaign 2003 Sea Shepherd Conservation Society
  9. Why the Canadian Government Supports the Commercial Seal Hunt Humane Society International