Cayetano Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cayetano Rivera Ordóñez»)
Infotaula de personaCayetano Rivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntoureiro , modelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBlanca Romero (2001–2004)
ParellaEva González Editar o valor em Wikidata
PaisFrancisco Rivera "Paquirri" Editar o valor em Wikidata  e Carmina Ordóñez Editar o valor em Wikidata
IrmánsKiko Rivera, Francisco Rivera Ordóñez e Julián Contreras Ordóñez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé González Lucas (tio-avô (pt) Traducir)
Luis Miguel Dominguín (pt) Traducir (tio-avô (pt) Traducir)
José Rivera "Riverita" (en) Traducir (tío paterno)
Eugenia Martínez de Irujo, 13th Duchess of Montoro (en) Traducir (cuñada) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Alternativa (tauromaquia) (pt) Traducir
confirmación de alternativa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcayetanorivera.es Editar o valor em Wikidata

Antonio Cayetano Rivera Ordóñez, coñecido simplemente como Cayetano, nado en Madrid o 13 de xaneiro de 1977, é un toureiro español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pertence a toda unha gran dinastía de toureiros: fillo de Francisco Rivera, Paquirri e Carmina Ordóñez; irmán de Francisco Rivera Ordóñez; neto de Antonio Ordóñez e Antonio Rivera Alvarado, un tío avó é Luis Miguel Dominguín. Ten dous irmáns máis: un por parte de pai, Kiko Rivera, nacido da súa relación con Isabel Pantoja e un por parte de nai, Julián, nacido da súa relación con Julián Contreras.

Debuta con cabalos o 26 de marzo de 2005 no coso rondeño, cortando 4 orellas e un rabo. O 9 de setembro de 2006 toma a alternativa na corrida goyesca de Ronda, sendo o padriño o seu irmán máis vello Francisco, e cortando catro orellas. O touro da cerimonia chamábase: "Judicioso" de Zalduendo. Seis días máis tarde a confirma en Nimes.

A carreira diríxea o seu tío, o toureiro Curro Vázquez.

Na súa presentación de novillero en La Maestranza de Sevilla o 1 de maio de 2006, cortou unha orella a cada un dos seus touros.

Na tempada 2005 toureou en España 53 novilladas, sendo segundo da escala. Este ano R.N.E. concedeulle a Orella de Prata, ao mellor novillero. Na tempada 2006 toureou 48 novilladas e 6 corridas. Na tempada 2007 toureou 45 corridas. Na tempada 2008 toureou 53 corridas.

O 4 de xuño de 2008 confírmase como toureiro na praza de Las Ventas de Madrid sendo a súa testemuña de cerimonia José Mari Manzanares fillo e o seu padriño Morante de la Puebla, cun touro de Núñez del Cuvillo. Este touro brindouno ao rei Xoán Carlos I. Cortou unha orella do seu segundo touro, deixando un bo sabor de boca entre os afeccionados.

O 7 de outubro de 2012 emite un comunicado de prensa no que anuncia a súa retirada temporal das arenas.[1]

Do 21 de abril ata o 10 de xullo de 2014 Cayetano realizou unha viaxe dando a volta ao mundo para recadar fondos para a súa fundación "yoniño".

Vida privada[editar | editar a fonte]

Casou en Xixón coa modelo Blanca Romero o 26 de outubro de 2001. Adoptou a filla biolóxica de Blanca, chamada Lucía. A principios de 2004 separáronse.

Dende 2009 e ata 2013 mantivo unha relación sentimental coa modelo e presentadora Eva González.[2] Máis tarde retomaron a súa relación e o 6 de novembro de 2015 contraeron matrimonio na igrexa de Nuestra Señora de la Asunción de Mairena del Alcor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. I. del Prado. La Razón, ed. "Cayetano adeus temporal ás arenas". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  2. "Eva González e Cayetano Rivera rompen a súa relación". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]