Carmina Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmina Ordóñez
Nome completoMaría del Carmen Cayetana Ordóñez González
Nacemento2 de maio de 1955
Lugar de nacementoSevilla, España España
Falecemento23 de xullo de 2004 (49 anos)
Lugar de falecementoMadrid, España España
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradaEl Rocío e Tánxer
NacionalidadeEspañola
Relixióncatolicismo
Alma máterLycée Français de Madrid
Ocupaciónmodelo, socialité, relações públicas e xornalista
PaiAntonio Ordóñez
CónxuxeFrancisco Rivera (1973-1979)
Julián Contreras (1984-1994)
Ernesto Neyra (1997-1999)
FillosFrancisco Rivera Ordóñez
Cayetano Rivera Ordóñez
Julián Contreras Ordóñez
Na rede
IMDB: nm1412726 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carmen Cayetana Ordóñez González, máis coñecida como Carmina Ordóñez, nada en Sevilla o 2 de maio de 1955 e finada en Madrid o 23 de xullo de 2004, foi unha muller protagonista da prensa do corazón.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia de soados toureiros, Carmina naceu en Sevilla, filla do toureiro Antonio Ordóñez (1932-1998) e de Carmen González Lucas "Carmina Dominguín" (1928-1982). Era neta dos recoñecidos toureiros Cayetano Ordóñez "Niño de la Palma" e Domingo Dominguín e sobriña de Luis Miguel Dominguín. Tivo unha irmá máis nova, Ana Belén Ordóñez González (1956-2012).[1]

A súa infancia desenvolveuse nun ambiente marcadamente andaluz e taurino, xa que con frecuencia acompañaba ao seu pai (que a chamaba "Carmuca") tanto ás preparacións do toureiro como ás corridas. Foi nunha destas corridas onde coñeceu ao que foi o seu primeiro marido, o toureiro Francisco Rivera "Paquirri", con quen contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1973 na basílica de San Francisco o Grande de Madrid e co que tivo dous fillos: Francisco e Cayetano Rivera Ordóñez, ambos os dous toureiros de profesión. Por aquel entón, xa era habitual ver a Carmina nas revistas do corazón.

No ano 1979 separouse de Paquirri e o seu matrimonio foi declarado nulo. Anos máis tarde coñeceu ao cantautor Julián Contreras Rodríguez, con quen contraeu matrimonio en 1984.

Tras a morte do toureiro Francisco Rivera "Paquirri", Carmina encerellouse nunha batalla legal contra a segunda esposa do seu ex marido, Isabel Pantoja, coa que se enfrontou pola herdanza do matador. Ata a data da súa morte, Carmina Ordóñez sempre mantivo que a tonadilleira levou máis do que supostamente lle correspondía, aínda que hai que ter en conta que o seu matrimonio co toureiro foi declarado nulo e os seus fillos, por tanto, pasaron a ser fillos putativos. Entre os artigos que se disputaban coa tonadilleira estaba o traxe de luces co que Paquirri tomara a alternativa.

En 1990, Carmina decidiu trasladarse a vivir co seu segundo marido e o seu terceiro fillo a Marrakech (Marrocos), un lugar que lle marcou desde nena e do que sempre estivo namorada. Con todo, en 1994 separouse de Julián Contreras e decidiu volver instalarse en España.

En 1997, Carmina contraeu matrimonio co seu terceiro e último marido, o bailarín Ernesto Neyra Almodóvar, o 19 de xaneiro de 1962, do que se separaría dous anos despois. Dous anos antes de morrer, en 2002, Carmina afirmou sufrir malos tratos[2] por parte de Neyra, sempre negados por el.

Traballou no programa A tu lado, da cadea Telecinco.

Morreu en Madrid o 23 de xullo de 2004, tras un accidente na bañeira. Foi incinerada e as súas cinzas repartíronse entre El Rocío e Tánxer.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hola, ed. (3 de agosto de 2012). "Falece Belén Ordóñez aos 56 anos". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 08 de abril de 2016. 
  2. Reimóndez, María. "A revolución televisada". Nós Diario. Consultado o 2021-03-24. 
  3. El Mundo, ed. (27 de xullo de 2004). "Atopan morta na bañeira da súa casa de Madrid a Carmen Ordóñez". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]