A catedral de Santa María Inmaculada é a igrexa da cidade italiana de Alguer, ó nordés da illa de Sardeña. Foi sede do bispo de Alguer dende 1503 a 1986, cando se creou da diocese de Alguer-Bose, compartindo a sede coa Concatedral da localidade de Bosa.
A catedral ten a súa orixe no século XVI e atópase no centro histórico da cidade, do que é un dos principais monumentos.
En 1503, o papaXulio II promulgou unha bula coa que modificaba profundamente a diocese da illa, reforma promovida polo rei Fernando II. As tres pequenas dioceses de Castro, Bisarcio e Ottana uníronse e incorporaron a nova diocese de Alguer.
Alguer foi elevada á categoría de cidade o ano 1501, pero carecía dunha igrexa o suficientemente grande para acadar a categoría de catedral e os bispos da nova diocese non residiron nela ata os anos 30 do século XVI, época na que se iniciou a construción do templo sobre unha igrexa anterior, seguindo os canons do gótico catalán.
No século XVIII a igrexa decorouse cun mobiliario típico barroco de mármore. Xa no século XIX (1862) construíuse unha nova fachada neoclásica.