Saltar ao contido

Epi, Vanuatu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de outubro de 2007 ás 22:55 por VolkovBot (conversa | contribucións) (robot Añadido: es:Epi (Vanuatu))

Epi é unha illa volcánica do arquipélago de Vanuatu, as antigas Novas Hébridas, en Melanesia. Cuns 412 km² de superficie, é a oitava illa máis grande do arquipélago. Forma parte, con Malekula, da provincia de Malampa; ata 1994 constituía unha rexión autónoma, con capital é Ringdove.

Os primeiros poboadores, de orixe australiano, asentáronse na illa a comezos do século XIX para o cultivo do coco. As plantacións tiveron o seu apoxeo na década de 1920, e aínda seguen en pé. A maioría da poboación vive na costa; o interior da illa está cuberto por selva tropical, e existen poucas rutas trazadas, aínda que é un destino favorito dos excursionistas. A illa conta con dous aeroportos, un na bahía de Lamen, ao norte, e outro na que foi a maior plantación da Illa, Valesdir, no sur.

Hai varios volcáns activos nas inmediacións da illa; o monte Nitaia e o cabo Kone, anteriormente parte da illa de Kuwai, están activos intermitentemente.

O arrecife coralino que rodea á illa aloxa, entre outras especies endémicas, un grupo estable de manatís.

es.Epi (Vanuatu)