Carta de Brest
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
A Carta de Brest foi un documento asinado polo Movemento Republicano Irlandés (IRM, do que formaban parte o IRA e o Sinn Féin), Unión Democrática Bretoa (UDB) e a Unión do Pobo Galego (UPG) o febreiro do 1972 en Brest, Bretaña. A Carta propuña a loita conxunta pola autodeterminación dos pobos de europeos para unha futura Europa socialista e dos pobos. Máis tarde asinárono Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI), Cymru Goch, Partido Socialista de Liberación Nacional-Provisional, Esquerra Catalana dels Traballadors, Su Populu Sardu e Loita Occitana (LOC).