Carrais, Herbogo, Rois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrais

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaHerbogo
ConcelloRois
Coordenadas42°46′47″N 8°42′06″O / 42.779860698637, -8.7015639961688Coordenadas: 42°46′47″N 8°42′06″O / 42.779860698637, -8.7015639961688
Poboación70 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]
Fonte de Carrais
Muíño de Carrais

Carrais é un lugar da parroquia de Herbogo no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Esta aldea ten 32 casas con 55 persoas e está dividida en dúas partes: Carrais de Arriba e Carrais de Abaixo.

A festa parroquial é o día 28 de xuño, na honra de San Pedro.

O nome de carrais deriva de "carral", que está relacionada coa palabra "carro" e designa as antigas pegadas ou carrís producidos polo paso continuo dos carros.

Hai anos a aldea tiña tres muíños onde a xente ía moer o millo. Na actualidade, dos tres muíños só funciona un onde aínda se segue moendo.

Parte do patrimonio da aldea é un antigo pombal que agora xa está medio derruído. Outro elemento do patrimonio son as súas dúas fontes. Unha delas situada no Oeste da aldea, foi hai anos nomeada unha das mellores fontes con auga potable de toda Galicia.

A súa lenda conta que hai 200 anos, unha muller que foi á Pascua de Padrón, foi ao "desexo do paxaro" que era un sitio onde un paxaro tocaba papeis co pico. O papel que tocaba o paxaro era o que lle tocaba á muller. Nese papel poñía que a muller ía morrer afogada. Ela riuse e non creu. Un día foi visitar uns familiares. Chovía moito e no camiño había un regato grande de auga que tiña que cruzar para poder seguir o camiño. Colleu o pano que tiña e botouno a unha árbore para agarrarse e poder cruzar. No momento en se dispoñía a cruzar, o pano soltóuse e a muller caeu ao regato morrendo afogada. Diseque ao cabo dunhas horas a muller apareceu morta no regato de Carrais.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Herbogo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Herbogo no concello de Rois (A Coruña)

Carrais | As Casas Novas | Espai | Herbogo | A Pereira | Rubieiro | Socastro | Soutelo

Parroquias de Rois[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)