Carlos Vázquez González (xornalista)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Neira de Cabaleiros, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Carlos Vázquez González, nado en Neira de Cabaleiros (Láncara) en 1968, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus comezos nos medios de comunicación tiveron lugar no diario El Progreso de Lugo. En 2001 pasou a colaborar con La Voz de Galicia, sendo redactor neste xornal e locutor de Radio Voz, colaborando tamén coa Cadena SER e a COPE. Traballa como xornalista e fotoxornalista freelance para as revistas ECO, Trasluz e para o xornal La Voz de Galicia.
De 2004 a 2009 organizou canda a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo unha Demostración de Oficios Tradicionais, feito que xunto coas reportaxes etnográficas publicadas en La Voz de Galicia e na revista Trasluz lle permitiu ao autor afondar na etnografía galega.
Actualmente vive na cidade de Lugo.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Unha de romanos, 2001, Kékeres, Vigo.