Carlos IV de Alençon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos IV de Alençon
Charles d'alencon.jpg
Nacemento2 de setembro de 1489
Lugar de nacementoLión
Falecemento11 de abril de 1525
Lugar de falecementoLión
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiRenato de Alençon
NaiMargaret of Lorraine
CónxuxeMargarida de Angulema
IrmánsAna de Alençon e Francisca de Alençon
Na rede
WikiTree: D'Alençon-8
editar datos en Wikidata ]

Carlos IV de Valois, duque de Alençon, nado en Lión o 2 de setembro de 1489 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1525, foi un príncipe sanguíneo da casa dos Valois. Foi cuñado do rei Francisco I de Francia e o seu máis próximo herdeiro na orde de sucesión ao trono de Francia. Falecido sen descendencia, é o último representante da rama dos Valois-Alençon.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos IV de Alençon era fillo de Renato, duque de Alençon e conde de Perche, e da beata Margarida de Lorena-Vaudémont.

En 1497, á morte do seu bisavó Carlos I de Armagnac, herdou os dereitos sobre os condados de Armagnac e Fésenzac (co vizcondado de Fesenzaguet) e o condado de Rodez (no cal tiña o título de Carlos II).

Fixo a súa primeira campaña en 1507 en Italia ás ordes de Luís XII de Francia, especialmente durante o cerco de Xénova. Acompañouno de novo en 1509 e loitou en Agnadel e participou na toma de Bérgamo, Caravaggio, Borromeo e Cremona.

Casou en 1509 con Margarida de Angulema, filla de Carlos de Orleáns, conde de Angulema e de Luísa de Savoia, irmá máis vella de Francisco I de Francia. Non tiveron fillos.

O seu cuñado converteuse en rei en 1515 e marchou de novo a Italia, loitou en Marignano e logo defendeu Champaña en 1521 contra unha expedición de Carlos V.

En 1525, loitou en Pavía e, despois da captura do rei, comandou o exército francés. Afectado pola derrota, acusado de ter abandonado ao rei, enfermou e morreu. A súa viúva Margarida de Angulema sucedeuno, separando á súa cuñada Francisca (irmá de Carlos IV) da sucesión. Francisca aparece en 1534/1543 como baronesa de Sainte-Suzanne e o vizcondado foi erixido en ducado en 1543.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cholakian, Patricia Francis; Cholakian, Rouben Charles (2006). Marguerite de Navarre: Mother of the Renaissance. Columbia University Press. 107
  • Knecht, R.J. (1984). Francis I. Cambridge University Press. 
  • Potter, David (1995). Keen, Maurice, ed. A History of France, 1460–1560: The Emergence of a Nation State. Macmillan. 
  • Wellman, Kathleen (2013). Queens and Mistresses of Renaissance France. Yale University Press.