Saltar ao contido

Carlos Montes Marqués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Alberto Montes Marqués»)
Modelo:BiografíaCarlos Montes Marqués

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde do Carballiño
2005 – 2011
← Pachi VázquezArgimiro Marnotes Fernández → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, historiador Editar o valor en Wikidata

Carlos Alberto Montes Marqués, nado no Carballiño en 1966, é un historiador e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director da emisora Cablevisión do Carballiño (1997). En 1999 foi nomeado director da Escola Taller Arenteiro.[1] Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da lista do PSdeG-PSOE e foi elixido concelleiro do Carballiño e tenente alcalde. Logo da renuncia de Pachi Vázquez para se presentar ás eleccións autonómicas do 2005, foi elixido alcalde do Carballiño en maio dese ano. Nas municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde ó selo cabeza de lista máis votado. Foi deputado provincial (2007-2011). Presidiu a comisión da sección de vilas termais da FEGAMP e foi membro da executiva do mesmo departamento da FEMP.[2] Renunciou a presentarse á reelección en 2011, sendo substituído á fronte do PSdeG por Francisco Fumega e da alcaldía por Argimiro Marnotes Fernández.


Predecesor:
Pachi Vázquez
 
Alcalde do Carballiño
 
2005 - 2011
Sucesor:
Argimiro Marnotes Fernández
  • As orixes do Carballiño (1600-1750), Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2003.
  • Alarifes do Carballiño, Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2023.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]