Caravel (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo caravel é moi amplo en galego:
- Caravel, normalmente designa a flor da caraveleira (Dianthus caryophyllus), ou a masma planta. Eladio Rodríguez dicía que tamén lle chaman caravel da onza ou caravel rebentón, o que máis se cultiva en Galiza é con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas.
Outras plantas
[editar | editar a fonte]- Caravel, a flor da roseira (nalgunhas zonas de Galiza chámanlle caraveleira á roseira)[1].
- Caravel, flor de calquera planta en xeral, especialmente da pataca. Eligio Rivas Quintas no seu Frampas, contribución al diccionario gallego (1978) dicía que lle chaman caravel á flor de calquera planta en xeral, e con gran frecuencia á da pataca: Xa ten o caravel as patacas; xa están encaravelando.
- Caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.), herba de namorar;
- Caravel prolífero ("Petrorhagia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), herba espontánea nas marxes do Ulla e nas ribeiras doutros ríos galegos;
- Caravel dos campos ou herba caraveleira (Geum urbanum L.), herba espontánea que medra en leiras e montes.
Eladio Rodríguez describía no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1959). A entrada caravel[1]:
En Galiza coñécense diversas clases de caraveis: como plantas ornamentais, de floración duradeira, cultívanse moitísimo nas hortas e xardíns e nas mesmas vivendas campesiñas, cuxas fiestras, balcóns e corredores enféitanse profusamente con eses vistosos vexetais de recendo aromático e de cores variadísimas. Entre eses caraveis cómpre citar o caravel da onza, que así chaman nalgunhas comarcas ao caravel reventón; o caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.) , que máis comunmente se denomina herba de namorar; o caravel prolífero ("Petrorhargia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), que é espontáneo nas marxes do Ulla e abunda tamén nas ribeiras doutros río; e o caravel reventón, o que máis se cultiva en moitas das nosas aldeas, e que tamén se chama caravel da onza, con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas. Nos montes e leiras medra ademais unha planta espontánea de talos herbáceos, flores en pequenos feixes e talos floríferos, de 3 a 5 cms. de alto, coñecida vulgarmente por caravel dos campos ou "herba caraveleira" ("Geum urbanum" L.).