Capela de San Sebastián de Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°25′11″N 07°15′55″O / 43.41972, -7.26528

Exterior da capela de San Sebastián.

A capela de San Sebastián é un pequeno templo relixioso situado preto de Vilar, ao sur da parroquia de Santo Adrao (Lourenzá).

Foi construída en 1947, substituíndo unha capela anterior que estaba uns metros máis ao sur. Ten imaxes de San Sebastián; San Vito, popular e San Sebastián. Virxe románica, sentada, do século XII.

No campo da capela celébrase unha festa (o San Sebastián) que coincide a fin de semana do segundo domingo de maio. Fíxose no ano 2012 despois de varios anos sen ela.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]