Capela da Misericordia de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela da Misericordia de Tui
Facha principal
PaísEspaña
Coordenadas42°02′46″N 8°38′38″O / 42.046073986134, -8.6439924766868Coordenadas: 42°02′46″N 8°38′38″O / 42.046073986134, -8.6439924766868
editar datos en Wikidata ]

A Capela da Misericordia, tamén coñecida como a Capela da Santa Casa da Misericordia, é unha igrexa de estilo renacentista situada na zona histórica da cidade de Tui

Historia[editar | editar a fonte]

A Santa Casa da Misericordia foi fundada en Tui seguindo o modelo das misericordias portuguesas. A edificación data orixinalmente de 1542 e os estatutos serían aprobados polo bispo Miguel Muñoz en 1542, o que fai que esta Misericordia sexa a máis antiga de España. Unha das súas finalidades era dar lugar de sepultura e socorro ás persoas máis necesitadas. Durante o século XVI ampliaríase a primitiva capela contando na fronte cunha curiosa tripla portada que quedaría rematada en 1571 coas obras da facha central realizadas polo mestre canteiro Melchor Alonso Feal, que aínda se conservan.

No interior consérvase o retablo maior, manierista, e as imaxes de devoción da Semana Santa tudense. Entre as imaxes procesionais destaca A Dolorosa da autoría de Agustín Querol. A última reforma data de 1916 pero conserva obras de diferentes épocas e estilos.

O mestre canteiro fixo constar a súa autoría co texto "Feal a fez 1575" que ademais de reivindicar o seu traballo constitúe un dos textos en galego máis tardíos nun edificio público.