Candid Camera
Candid Camera | |
---|---|
Formato | Cámara oculta |
Duración | 30 minutos |
Creado por | Allen Funt |
Desenvolvido por | Allen Funt |
Producido por | Allen Funt (1948-1992) Peter Funt (1992-2004) |
Presentado por | Allen Funt (1948-1992) Arthur Godfrey (1960-1961) John Bartholomew Tucker (1974-1979) Dorothy Collins (1974-1979) Dom DeLuise (1991-1992) Eva LaRue (1991-1992) Peter Funt (1996-2004) |
Cadea | ABC (1948-1949) NBC (1949-1951; 1983) Sindicación (1951-1954; 1974-1979; 1991-1992) The Tonight Show Starring Jack Paar (1954-1959) The Gary Moore Show (1959-1960) CBS (1960-1967; 1987-1988; 1996-2001) PAX (2001-2004) |
Día da estrea | 10 de agosto de 1948 |
Última emisión | 23 de maio de 2004 |
Nº de temporadas | 38 |
Nº de episodios | +1000 |
Na rede
| |
http://www.candidcamera.com | |
Candid Camera foi un programa estadounidense de cámara oculta creado por Allen Funt, que tivo a súa orixe nun programa de radio Candid Microphone realizado polo propio Funt e que comezou a emitirse o 28 de xuño de 1947, pasando á televisión o 10 de agosto de 1948.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A premisa do programa é amosar as respostas de xente corrente ou famosa a situacións infrecuentes creadas artificialmente que se gravan ás agachadas creándose situacións cómicas, o momento da revelación da broma sinálase cun retrouso: "Smile, you're on Candid Camera." (Sorría, está en "Candid Camera"). Ata 1992 presentouno e produciuno Funt, o seu fillo Peter Funt que desde 1987 presentara os especiais co seu pai foi o produtor desde aquela. O programa foi o precursor doutros moitos do mesmo formato Punk'd, Girls Behaving Badly, Just For Laughs Gags, The Jamie Kennedy Experiment, Boiling Points, Trigger Happy TV ou Howie Do It, e tamén está considerado o que podería ser o primeiro programa[1] de telerealidade.