Canadian Radio Broadcasting Commission
Canadian Radio Broadcasting Commission | |
---|---|
Tipo | cadea de radio e radiodifusão pública |
Data de fundación | 1932 |
Data de disolución | 1936 |
Presidente/a | Hector Charlesworth (en) (1932-) |
País | Canadá |
[ editar datos en Wikidata ] |
Canadian Radio Broadcasting Commission (CRBC) foi a primeira cadea pública de radiodifusión do Canadá, a precursora da Canadian Broadcasting Corporation.
Orixe[editar | editar a fonte]
A CRBC creouna por lei en 1932 o goberno de R.B. Bennett seguindo as recomendacións dunha Comisión Real do Parlamento do Canadá que en 1929 recomendara o establecemento dun sistema público de radio e logo dunha campaña de presións da Canadian Radio League para que se cumprise. A cadea botou a andar o 26 de maio de 1932 e existiu ata o 2 de novembro de 1936 cando se reorganizou como empresa pública federal (Crown corporation) baixo o nome de Canadian Broadcasting Corporation.[1] A programación diaria nacional comezou en maio de 1933, ao primeiro dunha hora ao día que se foi incrementando co tempo.
Actividade[editar | editar a fonte]
A comisión estaba formada por tres persoas e tiña o mandato para regular e controlar todas as emisións de radio no país [2] , así como tamén para crear e transmitir a súa propia programación e para mercar ou constuír emisoras ao longo do país, así e todo os fondos para levar á práctica o seu mandato foron insuficentes polos efectos da Gran Depresión e moitos dos seus programas emitíanos emisoras privadas en gran parte do país[3]. O seu primeiro presidente foi Hector Charlesworth, editor da revista Saturday Night.
Desaparición[editar | editar a fonte]
A CRBC non cumpriu as expectativas da Canadian Radio League considerando escasa e pobre a súa programación e o principal partido da oposición, o Partido Liberal do Canadá acusábaa de progobernamental.[1]. Durante a campaña das eleccións lexislativas de 1935, a CRBC emitiu unha serie chamada Mr. Sage criticando ao líder da oposición William Lyon Mackenzie King e o seu partido, este incidente foi decisivo na decisión de King de substituíla por unha nova entidade tras gañar as eleccións[1], nese entón tiña 8 estacións propias e 14 afiliadas privadas.[2]
estacións propias da CRBC[editar | editar a fonte]
- CRCA Moncton (pechada o 31 de outubro de 1933)[4]
- CRCK Québec AM 950
- CRCS Chicoutimi AM 1580
- CRCM Montreal AM 1050
- CRCO Ottawa AM 880
- CRCT Toronto AM 840
- CRCY Toronto AM 1030 e AM1420
- CRCW Windsor AM 600
- CRCV Vancouver AM 1100
Afiliadas á CRBC[editar | editar a fonte]
- CHNS Halifax
- CHSJ Saint John
- CHNC New Carlisle, Québec
- CKCH Hull
- CFRC Kingston
- CFPL London
- CKY Winnipeg
- CKCK Regina
- CFQC Saskatoon
- CKBI Prince Albert
- CHAB Moose Jaw
- CJCA Edmonton
- CFAC Calgary
- CHWK Chilliwack
- CFCJ Kamloops
- CKOV Kelowna
- CJAT Trail
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Birth and Death of The Canadian Radio Broadcasting Commission (1932-1936) Arquivado 10 de outubro de 2006 en Wayback Machine.," Canadian Communications Foundation, consultado o 19 de novembro de 2010
- ↑ 2,0 2,1 "The CRTC's Origins" Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Canadian Radio-television Telecommunication Commission
- ↑ David Ward (editor) Television and public policy, p. 4
- ↑ Canadian stations and history