Campos de fresas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camps de maduixes
Autor/aJordi Sierra i Fabra
CubertaJavier Calbet
OrixeEspaña (Barcelona)
LinguaCatalán e castelán
Tema(s)As drogas na xuventude
Xénero(s)Literatura infantil e xuvenil
EditorialEdicións SM (España)
Data de pub.1997
Páxinas144
ISBN9788434852860
editar datos en Wikidata ]

Camps de maduixes é un libro escrito por Jordi Sierra i Fabra no ano 1997.

Argumento

O libro trata sobre un grupo de mozos que saen de noite e un deles compra cápsulas de deseño a un camelo. O Señor Salas colle o teléfono e comunícanlle que a súa filla está ingresada no hospital. Cando veu os amigos de Luciana, preguntoulles o que acontecera e os mozos dixéronlle que só tomara unha cápsula. Luciana quedou en coma.

Cando o seu mozo, Eloi, o soubo, foi para o hospital. Púxose moi nervioso e botoulle todas as culpas a Máximo. Ao mesmo tempo, un inspector de policía, Vicente Espina, falou cos seus pais e cos mozos para saber que tomara e que acontecera. Eloi comezou a investigar e foi ver a Raúl, aquel quen coñecía o camelo. Foi a súa casa, pero só estaba súa irmá, quen lle dixo que Raúl ía pasar a fin de semana sen ir a casa. Eloi tamén pasou a visitar a Ana e Paco, e dixéronlle onde estaba Raúl.

Cintia chamou a Loreto, unha das mellores amigas de Luciana, que tiña bulimia. Cando Loreto soubo que Luciana estaba en coma púxose moi triste, pero non podía ir o hospital no estado no que estaba. Eloi foi a unha nave abandonada onde había unha discoteca privada e alí encontrou a Raúl, e este díxolle onde adoitaba estar o camelo. Eloi chamou a Santi, que estaba con Cinta e Máximo, e el díxolles que xa sabía onde atopar unha cápsula para axudar a Luciana, pero sen eles non podía facer nada. Por iso quedaron nun lugar próximo a onde estaba o camelo.

Mentres tanto, Norma estaba soa, e un xornalista foi xunto dela e fíxose pasar por un membro da compañía de desintoxicación. El fíxolle preguntas e Norma respondeu a todas. Despois o periodista fíxolle fotos a Luciana, en segredo, sen permiso de ninguén para publicalas no diario. Eloi uniuse cos seus compañeiros para ir á discoteca onde debería estar o camelo. Entraron pero non o viron. Saíron e separáronse: Cintia e Santi quedaron na porta Máximo foi arriba e Eloi os lavabos. Cando entrou, veu un corredor con varias portas: o baño masculino, o feminino, e algunha máis. Entrou na dos homes pero non había ninguén. Despois mirou no das mulleres.

Discretamente viu que nunha das portas se oía a un home falar sobre cápsulas. Eloi esperou onda a porta e poucos segundos despois saíu un home do lavabo. Eloi seguiuno pero o camelo douse conta e comezou a correr.

Ao final o camelo saíu á estrada e os catro mozos seguírono. Pero deu a casualidade de que o inspector e o seu axudante estaban alí, esperando a que saíse e correron todos tras del. O camelo caeu e morreu, e as cápsulas caeron nun sumidoiro. Eloi desanimouse moito xa que o seguían para poder comprarlle unha cápsula para axudar a Luciana. Cando chegou Cintia que ía tras eles, ensinoulles unha cápsula que collera do chan mentres corrían. Poucos momentos despois Luciana despertou do coma, despois de gañar a súa imaxinada partida de xedrez.

Orixe

O libro está inspirado en dúas historias de dúas mozas de 18 anos, Leah Betts, que morreu os cinco días de estar en coma e Helen Cousins, que despertou aos dous meses de estar en coma. A primeira frase que dixo foi: "Non bailedes coa morte".