Campo de Lombáns
Aparencia
Campo Municipal de Lombáns | |
---|---|
Campo de Lombáns antes da instalación da herba artificial | |
Datos | |
Coordenadas | 42°50′30″N 9°05′45″O / 42.841694444444, -9.0958611111111 |
Localización | Lombáns s/n - San Mamede, 15293 Carnota |
Construción | |
Inauguración | 1969 |
Estadio | |
Superficie | herba artificial |
Propietario | Concello de Carnota |
Localía | UD Carnota, Pindo CF, Escola de Fútbol Prodemar, CF Lira |
Eventos | |
Final da Copa da Costa Xuvenil 2013 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo Municipal de Lombáns é un campo de fútbol situado na parroquia de San Mamede de Carnota, Carnota. O seu propietario é o Concello de Carnota e nel xogan os seus partidos como locais a Unión Deportiva Carnota, o Pindo Club de Fútbol e o CF Lira, que ten o seu campo de Portocubelo clausurado por mor do mal estado do terreo de xogo[1].
Foi inaugurado en 1969 e reformado en 1997[2]. Desde 2008[3] o seu terreo de xogo é de céspede artificial. É tamén empregado pola Escola de Fútbol Prodemar; en 2013 acolleu a Final da Copa da Costa Xuvenil.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. M. Jamardo. La Voz de Galicia (13 de xullo de 2013). "Un campo para las cabras". Consultado o 09-04-2016.
- ↑ "Prodemar". Wikipedia, a enciclopedia libre.
- ↑ Galicia, La Voz de. "La Diputación sufragará la realización de un inventario de bienes en Carnota". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ Depor Sport (25 de maio de 2013). "Hoy se inicia un nuevo reinado en la Costa". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 09-04-2016.